representación de Gregorio III webs.ono.com |
Zayd ibn Alí encabeza unha revolta xiíta que tenta derrocar a Hisham sen éxito. Zayd morre en Kufa e
deixa partidarios (zaydíes). Outra
revolta en Syria obriga o califa a
trasladarse a Rusafa, unha cidade situada no deserto. O califato inicia un
período de anarquía.
outubro,
26: un tremor de terra causa graves danos en Constantinopla.
Cuthred, rei de Wessex, en sucesión a Aethelheard.
Trasamundo recupera o ducado de Spoleto e mata a
Hilderico con axuda de Roma e
Benevento; non respecta os tratados asinados con Gregorio III e este racha a súa alianza con el.
Eadberht de Northumbria marcha co seu exército cara o norte contra
os pictos. O rei Aethelbald de Mercia
aprovéitase da súa ausencia para arrasar Eboracum.
Reaparecen as loitas internas en Northumbria
co asasinato de Eardwine,
probablemente fillo do defunto usurpador Eadwulf
I.
batalla dos nobres: os rebeldes bérberes baixo Khalid ibn Hamid al-Zanati derrotan as
forzas umayyad de Khalid ibn Habib al-Fihri, minando a
dominación islámica en Ifriqiya. A
rebelión espállase a al-Andalus,
facendo que o gobernador Ubayd Allah ibn
al-Habhab retire tropas de moitas posicións ao norte dos Pireneos.
na
submeseta norte en Hispania, a
ausencia de poder central non significa nin retroceso das forzas produtivas nin
ausencia de poboación. Nestas rexións, a produción está xestionada dende
comunidades rurais, con xefes que adquiren o seu rango grazas á súa capacidade
como homes de armas. Non existe unha autoridade forte abondo como para
centralizar a captación de tributos e dotarse dunha lexitimación eficaz para
abarcar amplos territorios.
para
deleite dos habitantes de Chang'an,
os Tang ordenan plantar froiteiras ao longo da avenida principal da cidade.
rebelión
Fujiwara no Hirotsuqu: o clan Fujiwara recruta un exército en Dazaifa (Kyushu)
pero é derrotado por forzas imperiais.
os xázaros convértense ao xudaísmo, sen ser etnicamente xudeus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario