Suintila (acastro.es) |
o bispo Didier de Auxerre, orixinario
de Aquitania, lega á súa igrexa arredor
de 140 quilos de ourives litúrxicos.
Heraclio acorda un tributo anual cos avaros a cambio de paz nos Balcáns; a súa
intención é liberar esforzo militar para acometer accións militares en Anatolia
contra os persas.
Gao Zu delega o control do exército e a administración no leste ao seu segundo
fillo Li Shimin, concentrándose el
mesmo na reforma da moeda e os impostos.
abril, 16: Recaredo II morre aos 30 días de subir
ao trono. A nobreza recupera o seu dereito de elección e elixen a Suintila,
quizás un familiar, que dirixira as campañas militares contra Spania.
maio, 28: Li Shimin derrota os exércitos numericamente superiores de Dou Jiande, xeneral da dinastía Sui, no
paso de Hulao.
xuño, 4: Wang
Shichong, tamén fiel á dinastía Sui e autoproclamado emperador, réndese a
Li Shimin en Luoyang, lodo da derrota
de Dou Jiande.
os chineses establecen un ente para a factura de
porcelana.
agosto, 1: vitoria de Li Shimin en Chang’an; o seu inimigo Dou Jiande é decapitado tres días máis
tarde.
conversión ao islam das tribos Banu Khazraj e Banu Aws.
o tesouro da igrexa de Constantinopla é cedido por Serxio I e monetizado para financiar a
guerra contra os persas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario