cangosta da palha, braga necrópole romana - alto/medieval http://www.cm-braga.pt/resources/content/bracara_augusta |
Iohannes, cónsul único.
Profuturo, metropolitano de Bracara,
recibe resposta de Vixilius I á súa
pregunta sobre o dogma, a disciplina do clero e o xeito católico apropiado para
o bautismo. Na carta Vixilius I escribe que os reis suevos se comportan dun
xeito correcto coa Igrexa.
a guerra causa unha terrible fame en Italia.
febreiro, 8: morre Severino,
patriarca de Antioquía, monofisita.
marzo, 12: obrigado pola carencia de alimento para as
súas propias tropas, Witixes remata
un asedio de 374 días e abandona Roma pola via
Flaminia. Belisarius ataca a
retirada goda na ponte Milvia; logo de
opor gran resistencia, moitos godos morren ou afogan no río.
Witixes reforza os continxente militares de varias
cidades e asedia Ariminum.
forzas imperiais ao mando do eunuco armenio Narsés chegan a Picenum. Ten unha dobre misión, reforzar os imperiais e controlar o
labor de Belisarius.
abril: Belisarius asegura Liguria, Mediolanum e Ariminum,
pero desacordos, especialmente con Narsés, causan desunión no exército imperial.
Sittas acaba cunha revolta en Armenia en protesta contra a forte carga impositiva. Durante a
campaña é morto por Artabanes, líder
da revolta.
maio, 7: terceiro concilio de Orleáns: o consentimento
episcopal é ‘necesario para que un crego poida aparecer nunha corte leiga como
xuíz’, prohíbese o traballo dominical e que os cregos practiquen a usura.
o britano Xildosio,
que predicara o cristianismo por Britannia
e Hibernia, retírase á illa de Houat,
onde atrae seguidores e funda o mosteiro de Rhuis.
Cynlas Goch
de Rhos abandona a súa muller pola irmá desta, unha
monxa a quen saca dun convento.
outono: Belisarius asedia e toma Urbino a pesar da retirada de Narsés; renuncia a atacar Osimo pola chegada do inverno.
outubro, 13: nova misión do rei de Baekje en Xapón; con
el chegan imaxes de Buda e sutras dourados e de bronce. O budismo constitúese
en relixión oficial de Xapón, inda que sobreviven restos animistas. Moitos
aristócratas xaponeses ían a China a estudar, mentres que os monxes budistas
coreanos se instalan na corte. Isto causa tensións sociais que se canalizan a
través da rivalidade entre os clans Soga (budista e de cultura chinesa) e
Mononobe (cultos indíxenas e illamento político do Yamato).
Gabrán mac
Domangairt, rei de Dál Riata (en Escocia).
en Xapón remata a era Kofun e
comeza o período Asuka, segunda parte do período Yamato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario