Belisarius, cónsul único.
febreiro: Teodosio
I é elixido patriarca de Alexandría, onde un motín é seguido por un cisma
entre severianos e xulianistas. O papa responde de inmediato, acude a
Constantinopla (febreiro, 2, 536), onde se determina a expulsión dos dous
patriarcas heterodoxos e dos monofisitas da cidade.
abril, 30: Theohadad
ordena que Amalasunta sexa
conducida a unha illa no lago Bolsena, onde logo a asasinada mentres se baña. Xustiniano usa este pretexto para planear
o ataque aos godos en Italia.
Solomon derrota as tribos bereberes en rebeldía nos montes Mammes
e Bourgaon. Asegura a Byzacena e
establece fortificacións ao longo da fronteira numida.
abril: Xustiniano devolve as propiedades da igrexa
católica.
maio, 13: morre Xoán
II, bispo de Roma, sucedido por Agapito I (xuño, 3) que, ameazado
por Theohadad, foxe a Constantinopla.
Teodora inflúe cada vez máis en Xustiniano en favor do
monofisismo. Tiña un bo argumento xa que tanto Exipto como Asia eran
maioritariamente monofisitas, polo que calquera xesto do emperador a favor do
monofisismo sería sen dúbida ben recibido e potenciaría a lealdade destas
rexións.
xuño: os exércitos imperiais, baixo Belisarius (8000
soldados, a metade cabalería) e Mundus
ocupan Sicilia e Illyrium (Salona)
respectivamente. Xustiniano logra tamén agora o apoio popular contra os godos e
busca apoio franco.
fúndase a cidade de Justiniana
Prima nos Balcáns, será sede administrativa e episcopal.
xuño, 5: morre o patriarca de Constantinopla Ephinanius. Anthimus I, monofisita e co apoio de Teodora, convértese en
patriarca de Constantinopla.
lex iulia: ningunha muller pode acusar de adulterio ao seu home.
Isto fai practicamente imposible o divorcio no imperio.
novembro, 8: inicio en Arvernis (Clermont–Ferrand) dun concilio coa participación de
quince bispos (Cesáreo de Arelate, Nizier de Trier, …): escríbense 16
decretos (o segundo establece que os bispos deben ser elixidos polos seus
méritos e calidades, non por intrigas; os xudeus non poden ser xuíces; e publícase
a terceira versión da regra dos Pais).
o primeiro monarca secesionista do reino Wei occidental é
Wen Di, que coroa príncipe ao seu
fillo Fei Di.
o autor chinés Jia
Sixia escribe Chimin Yaoshu, que
inda que cita 160 libros de agronomía anteriores, é o tratado de agricultura
chinés máis antigo conservado. Contén máis de 100000 carácteres, e trata da
preparación das terras, da sementeira, do cultivo, da xestión das hortas, do
coidado dos montes, do apareo de animais, comercio, e usos culinarios para as
colleitas.
mención da erupción do Krakatoa (Java) que causa varios
anos de cambio climático. A nube das cinzas torna o tempo frío e hai escuridade
en múltiples partes do mundo. Testemuñas serían Procopio de Cesarea e a dendrocronoloxía.
en África do
leste, esta combinación rompe o equilibrio natural entre presas e predadores no
mundo salvaxe. O número natural de roedores multiplícase fóra de toda
proporción creando as condicións que causan, máis tarde, a peste bubónica.
decembro, 31: Belisarius derrota o continxente godo de Panormos (Palermo), co que a conquista de Sicilia é completa.
decembro, 31: Belisarius derrota o continxente godo de Panormos (Palermo), co que a conquista de Sicilia é completa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario