primeira mención da expresión ‘anno domini’ na numeración dos anos. Consecuencia dos cálculos de Dionisio Exiguo, que determina
(aproximadamente) o ano do nacemento de Xesús.
segundo el, Xesús nace o 25 de decembro, e conclúe que a
‘Inmaculada Concepción’ é o 25 de marzo, así que propón considerar este día
como o primeiro do ano. A data de inicio de ano xa é algo polémico, pois hai quen
segue tradición de considerar como tal o 21 de marzo, mentres que outros seguen
a proposta de Xulio César e toman
como primeiro de ano o 1 de xaneiro. Agora hai unha terceira data en discordia.
xaneiro, 11-18: revolta Niké en Constantinopla: durante
un festival no hipódromo os ‘verdes’ berran as súas queixas ao emperador, que
permanece en silencio. Finalmente Xustiniano
fai que un pregoeiro lles mande calar. Como non fan caso, manda que os insulten.
Estes enfurécense inda máis e prodúcese un diálogo entre emperador e verdes que
non queda moi digno para o emperador. Os verdes toman as rúas e comezan a
incendiar a cidade ao berro de nika! (vitoria). Xustiniano refúxiase en
palacio, unha fortaleza.
os verdes son monofisitas e o goberno católico. Ademais,
algunhas personalidades da capital financian os seus alborotos por diversos
fines. Por exemplo, dous sobriños de Anastasius están resentidos contra a
usurpación de Xustino e agora tratan
de derrocar a Xustiniano. Parece ser que tamén o xurista Triboniano ten intereses para apoiar as revoltas.
nas rúas, algúns cidadáns fan emperador a Hypatius, sobriño de Anastasius. O palacio
ten unha saída ao Bósforo e o emperador decide embarcar todo o que pode para fuxir
da cidade, pero seica Teodora di:
“aí están as túas naves. Pola miña banda, adhírome á máxima dos tempos antigos
de que o trono é un glorioso sepulcro”. Xustiniano, entón, decide quedar,
consulta a Belisarius e este considera que pode facerse cargo da situación.
o magister militum
per Orientem Belisarius e o magister militum per Illyrium Mundus introducen 3000 soldados no
hipódromo, onde os verdes celebran a vitoria, matan entre 30000 e 40000 persoas;
os sobriños de Anastasius (Flavius Hypatius e Flavius Pompeius) son executados e Triboniano deposto dos seus
cargos.
Childeberto
I e Clotario
I reinician hostilidades contra o burgundo Gundemaro, a quen asedian en Augustodunum.
Gundemaro é derrotado e morre en Zulpiacum,
onde é trasladado.
Theuderico I rexeita aliarse con seus irmáns contra os burgundos e as
súas tropas ameazan con abandonalo. Como contrapartida inicia unha campaña
contra Auvernia, que ameazaban con independizarse;
esta rexión resulta arrasada.
Clotario I fai asasinar os seus sobriños Teodebaldo e Guntaro (dez e sete anos), fillos de Clodomiro.
Isidoro de
Mileto e Antemio
de Tralles foron os encargados das tarefas de reconstrución da capital. A obra
máis importante é a construción de ‘Hagia Sophia’. Tamén se comeza a
construción do ‘pazo subterráneo’, unha enorme cisterna subterránea para
subministrar auga ao pazo imperial.
outra obra destacada é a ‘porta Chalki’, entrada
principal ao pazo imperial, coma o pórtico do Senado (entre Hagia Sophia e
Magnaura). Ambas desenvólvense sobre o patrón da cruz da cúpula. Na Chalki a
única bóveda descansaba sobre os arcos de catro bóvedas de canón. A leste e
oeste, estes arcos arrancan de piares saíntes cara dentro; ao norte e sur da
parte posterior doutras bóvedas de canón máis baixas e estreitas que ligaban os
lados dos piares ao muros exteriores. No pórtico do Senado, que nos lembra a
edificación de fondo do ‘Disco de Teodosio’, unha bóveda carga a esquerda e
dereita sobre fondas bóvedas de canón; por diante, e polo lado da fachada
propiamente dito, parecendo apoiarse só sobre os arcos. A diferenza dos sólidos
muros que circundaban a Chalki, as bóvedas de canón e os pórticos do edificio
do Senado, están sostidos no exterior por enormes columnas, hoxe desaparecidas.
nas obras imperiais chegan a traballar máis de 10000
persoas.
en Constantinopla hai hospitais gratuítos, beneficencia
para pobres, brigadas contra incendios, alumeado público, subministro de auga,
cisternas para reservas de auga e hórreas para grao, en caso de asedio.
outubro: asínase a ‘paz eterna’ con Persia que da por
finalizada a guerra en Iberia. Ambos bandos acordan devolver os territorios
ocupados e Xustiniano consente pagar 110 centenaria
(11000 libras de ouro) como contribución para a defensa dos pasos do Cáucaso
Cosroes I planea un reorganización imperial e tamén lle convén a
paz. Realiza un censo e establece un novo sistema de impostos. Cosroes ten sona
de monarca culto, xusto e tolerante (é coñecido como ‘o Xusto’): a súa sona
chega a oídos dos filósofos atenienses (Damaskios,
Simplikios e outros), que se
quedaran sen saber que facer logo de pechada a Academia e deciden emigrar a
Persia, onde son ben recibidos.
liberado do frente persa, Xustiniano planea atacar Africa, onde Xelimer lle dera un bo pretexto ao derrocar a Hilderico, aliado imperial. Xustiniano esixe a entrega de Hilderico
pero este é executado.
Septem e Baleares son puntos estratéxicos para Constantinopla
na súa ‘reconquista’ da pars occidentis.
Procopio narra (bellum vandalicum
IV, v, 1-8) que Apolinar, un italiano
criado en Africa e home de confianza
de Belisarius, conquistou Ibiza, Mallorca e Menorca; podemos deducir que isto formaría
parte dun plan de Belisarius –e de Xustiniano– xa que logo dunha serie de
vitorias fronte os vándalos e antes de realizar o asalto de Cartago, ordena a
conquista de territorios que lle facilitaran auxilio ao acosado rei vándalo, ou
que, por rebelións indíxenas, puideran poñer en perigo ao corpo expedicionario
oriental.
Xoán Asiacus, monxe fanático, dirixe unha cruzada contra os pagáns en
Asia Menor.
outubro, 17: morre Bonifacio
II. Celébrase un cónclave para elixir sucesor pero non se chega a ningunha
decisión.
An Ding Wang suicídase e sucédeo Xiao
Wu Di, como emperador Wei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario