representación de Fridolin en Bad-Säckingen de.wikipedia.org |
Inportunus, cónsul único.
Clodoveo teme que a derrota ante os godos lle fixera perder o apoio
dos francos ripuarios, así que persuade a Chloderico, fillo de Sixeberto o Coxo, rei de Colonia, para
que mate a seu pai nunha cacería, e logo denuncia o asasino, faino executar e reclama
o trono. Máis tarde tamén acaba cos reis francos de Camerasensis (Cambrai) e Cenomanense (Le Mans), co
que todos os territorios francos dependen xa del.
Ibbas segue recuperando cidades
para os godos: Carcassona e Narbo. Expulsa a francos e burgundos de Septimania: unha pequena parte da costa
mediterránea e Provenza así coñecida porque contaba con sete cidades principais,
entre elas Narbo.
o monxe irlandés Fridolin funda
unha serie de mosteiros na zona do Mosela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario