restos dunha necrópole en Dara flickrhivemind.net |
Theodorus e Sabinianus, cónsules.
o magister officiorum
Celer invade Persia e alcanza Ctesiphon;
ao mesmo tempo, unha invasión de hunos que entra polo Cáucaso provoca un
armisticio.
o comes ostrogodo Pitzias derrota completamente un exército de búlgaros foederati por Anastasius.
Anastasius reforza/ refunda Dara, que pasa a nomearse Anastasiopolis. Reforza así a fronteira persa.
Teodorico ordena a Laurentius que se retire ás súas posesións privadas. Simmacus vese reforzado como bispo de Roma.
abril: tamén acorda volver a costear os gastos de defender as portas do
Cáucaso para evitar penetracións procedentes do leste. Ratifícase a
recuperación de Amida a favor de Bizancio a cambio dunha compensación monetaria
(1000 libras de ouro). Inicio dun cese de hostilidades de sete anos entre Bizancio e Persia.
o Coliseo (amphitheatrum flavium)
volve sufrir danos a consecuencia dun tremor de terra.
os herulos son derrotados polos lombardos ao norte de Italia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario