mapa de Propontis |
Severus e León I,
cónsules.
a embaixada de Filarco
tamén solicitara mediación entre vándalos e romanos; Filarco consigue que Gaiserico libere a Licinia Eudoxia (viúva de Valentiniano
III) e a súa filla Placidia a cambio do pago dun rescate, que viaxan a Constantinopla,
logo de sete anos como reféns en Carthago.
A outra filla, Eudoxia, está casada
con Hunerico, fillo de
Gaiserico.
fúndase o mosteiro de Stoudios na
proximidade da Propontis.
o calendario Daming é introducido en
China polo matemático Zu Chongzhi.
para dificultar as manobras de Aegidius e contentar a Teodorico II, desexoso de ter voz
novamente, Severo concede Narbo
aos godos, que agora estenden a súa autoridade ata o Mediterráneo. Tamén
se corta a comunicación directa por vía terrestre entre o goberno imperial e os
dominios que inda mantiña nas zonas orientais de Hispania. Agripino, xeral romano, é o encargado das negociacións. Teodorico II
acepta así a autoridade de Severus.
Gaiserico controla as Baleares, e tamén Cerdeña e Córcega.
o exército godo permanece en Hispania logo da retirada do imperial
baixo Suniericus e Nepociano; sen embargo, as súas tentativas por
manter certa orden teñen pouco éxito e son chamados a Tolosa.
probablemente Nepociano tamén se opón ao nomeamento
de Severus. Sen embargo, Arborio pasa a ser comes et
magister utriusque militiae en Hispania en lugar de
Nepociano. Tras negociar (quizás) con Teodorico II, accede a que Arborio ocupe
o seu posto, inda que é difícil saber que sucede entre Ricimer, Nepociano, Teodorico II e Severus. Non sabemos que lle
ofrece ou con que o ameaza Teodorico II para que consinta ser relevado.
Teodorico
II alíase co suevo Remismundo: reparten
zonas de influencia en Hispania.
setembro, 2: lume en
Constantinopla, é destruída a estatua de Zeus, que estaba en Olympia e fora
trasladada á capital.
Frederico, irmán de
Teodorico II, escribe a Hilario para tentar que Hermes de Narbo
sexa apartado da súa sé en base aos propios canóns.
novembro, 2: concilio de Roma,
a propósito da sé de Narbo.
morre Licinia Eudoxia en
Constantinopla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario