representación do suposto encontro entre Atila e León I por Rafael nos Museos Vaticanos |
Herculanus e Sporacius, cónsules.
xuño: Atila reorganiza
o seu exército e invade Italia,
onde tamén se estende unha praga. Aquileia é destruída despois dun asedio de 3
meses (os que sobreviven foxen cara as marismas e fundan o núcleo da posterior
cidade de Venecia). Tamén caen Padua, Bérgamo, Brescia, Novara, Milán e Pavía.
Atila avanza cara
o sur: os sacerdotes estenden a teoría de que é o “azote de Deus” e el di que
por onde pasa o seu cabalo non volve medrar a herba.
Valentiniano III refúxiase en Ravenna, protexido
polas murallas, mentres Atila avanza cara Roma. Marciano envía forzas militares para apoiar a Ravenna.
xuño, 11:
Valentiniano III manda unha legación, na que participa León I, a negociar con Atila no seu campamento onde o río Mincio,
próximo a Mantua. Atila da media volta, non ataca Roma e retorna a Pannonia.
a versión
“tradicional” conta que a gala e magnificencia de León impresionan a Atila, que
non teme os romanos pero si a cólera divina. Outra versión máis prosaica cita
un substancioso “donativo”. O probable é que a ameaza conxunta da praga e das
tropas orientais fixera que Atila considerara prudente retirarse.
en calquera caso,
non hai dúbida da personalidade carismática de León e que, dun xeito ou doutro,
iso inflúe nas negociacións. Este acontecemento fai
medrar a súa reputación ata facer del case unha lenda viva.
os primeiros cristiáns falaban grego e ao chegar a Italia
importaran o costume de chamar papas
(pais en grego) aos sacerdotes. Durante o s. III o termo úsase para nomear os
bispos pero agora León está deixando se ser “o papa de Roma” para converterse
en “o papa” por antonomasia; e non é unha simple cuestión lingüística.
a diferenza de oriente, onde os bispos de Constantinopla e
Alexandría se declaran mutuamente herexes á mínima ocasión, en occidente o Papa
no ten rival. León carecía da cultura teolóxica de Ambrosio ou Agostiño, a súa
doutrina era moral, pero dábanse as circunstancias para aspirar a converterse
na cabeza da igrexa, e así o vai facendo. Inda así, o uso de "papa"
como sinónimo de "bispo de Roma" ou cabeza da Igrexa en occidente non
se consolida ata varios séculos despois.
xuño, 29: lei de Valentiniano
III en Roma: o consumo de bacón na cidade é 3.628.000 libras; este alimento
procedía de Lucania, cuxos bosques
proporcionan alimento á gandería porcina, da que se obtén carne boa e barata.
Distribúese á poboación con baixos recursos económicos durante cinco dos meses
do ano. Inda que a cantidade consumida impresiona Roma xa se atopa en decadencia
en termos económicos e políticos, polo tanto tamén demográficos.
componse a Chronica Gallica (non consta nome do autor):
escrita xusto despois da campaña huna en Galia,
e contemporánea coa italiana; témese unha repetición sen saber o resultado da
situación en Italia; apréciase a gravidade da situación (numerosos grupos
bárbaros estranxeiros na pars occidentis
e a herexía ariana con moitos adeptos debido á súa profesión polos bárbaros); pese
ao seu cristianismo apoia a memoria dos emperadores fortes militarmente,
especialmente Teodosio e tamén Magno Máximo (inda sendo usurpador serviu
tanto á igrexa coma ao estado).
xullo, 28: Eutychius e unha serie de partidarios
son expulsados de Constantinopla.
o patriarca Juvenal retorna a Xerusalem para
reinstaurar a ortodoxia pero é expulsado por monxes ‘monofisitas’ instigados
pola emperatriz Eudocia; secudan a Teodosio como bispo e desafían ao
emperador.
Sidonio casa coa súa curmá Papianilla (filla de Avitus), parte da dote é Avitacum. Terán catro fillos: Apollinaris e tres mulleres: Roscia, Severiana e Alcima.
Ardaburius (fillo de Aspar) combate continxentes árabes que
atacan Palestina.
sínodo en Arelate sobre a organización
eclesiástica. Son condenados todos os cultos pagáns a forzas da natureza
(árbores, fontes, …).
decembro, 11:
grávase a derradeira inscrición coñecida da escritura demótica exipcia na illa
de Filae.
Nan’an Yinwang sucede a seu pai
Tai Wu Di despois de que este fora
asasinado polo eunuco Zong Ai.
Yingwang tamén é asasinado e Ai é defenestrado e tamén asasinado nun complot
organizado por un grupo de altos oficiais e funcionarios. Wen Cheng Di (12 anos) é o novo emperador Wei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario