venres, 10 de febreiro de 2012

406

moeda de Constantino III - www. wildwinds.com
consulado de Arcadio e Probo.

a campaña de Estilicón contra Radagaiso dura ata agosto.
no cerco de Florencia derrota un exército de 20000 guerreiros logo de dous meses de asedio; conta coa axuda de hunos dirixidos por Uldino e tamén cabalería alana e goda.
Radagaiso retrocede e é cercado en torno a Faesulae; o exército imperial ríndeo por fame (23 agosto), capturando e matando a moitos homes, incluído el. 12000 bárbaros incorpóranse ás filas imperiais ou son vendidos coma escravos.
Eríxese unha estatua de bronce e prata en honor do vencedor; sen embargo, sería non máis que o canto do cisne.

Aetius é enviado aos visigodos e logo aos hunos coma refén; resultado de diversos tratados diplomáticos.
 
a invasión de Italia explica que no inverno de 405 e en 406 Ravenna non reaccione ante a invasión de Gallia, que queda abandonada aos seus propios recursos. Un fragmento de Zósimo describe as revoltas en Britannia de Marco (setembro), Graciano (novembro) Constantino (407) coma reaccións de protección ao avance dos bárbaros en Gallia. Os dous primeiros quizás foron asasinados por non tomar accións inmediatas contra os invasores ou por outros factores que nos son descoñecidos. Pódese especular que as tropas de Britannia desexaban lanzar unha ofensiva e os elixidos non e iso levou aos asasinatos. Pero non hai probas.

a invasión das tribus bárbaras fai que a prefectura do pretorio de Gallia se traslade de Trier a Arlés. O prefecto Petronius, que organizou este movemento, permaneceu no cargo ata 408.

ata xaneiro de 409 os vándalos, suevos e alanos están confinados en Belgica I e II e Germania I, a área ao norte do Sena, o Marne e o Mosela; dende onde quizás poderían constituir unha ameaza para Britannia. Parte do mérito de que non ocupen outras zonas será de Constantino III, quen, despois de ser declarado emperador cruzou a Gallia.

os bárbaros traen consigo novos cultivos (cereais) e tamén introducen (os esciros) un novo tipo de arado pesado con rodas.

cando Estilicón resolve a cuestión en Italia seguramente se poñería cos asuntos de Gallia. As fontes, sen embargo, non din nada. Formar un exército era unha cuestión lenta, como mostran intentos posteriores. E antes de que se puidera mover nesa dirección, Constantino xa detivera o avance dos invasores.
dende certos sectores cortesáns existe crecente animadversión cara Estilicón, aproveitando a súa orixe parcialmente vándala e outras cuestións; unha situación que quizás estea relacionado sobre a súa pretendida intención de invadir Illyricum e a súa ambivalencia cara Alarico, quen lle podería servir de instrumento nese plantexamento. A única evidencia sobre esta cuestión é o nomeamento de Jovius coma prefecto do pretorio de Illyricum, unha zona baixo a xurisdicción oriental.

úsanse vidrieiras para decorar igrexas en Roma por primeira vez.

Xoán Crisóstomo xunta cartos entre mulleres influíntes da aristocracia para financia a demolición dos tempos helénicos. En Efeso ordea a destrución do famoso templo da deusa Artemisa. En Salamis (Chipre), Epifanio e Eutychius continúan as persecucións contra os paganos e a destrución de templos e santuarios.

o monxe Mesrob Masthoc desenvolve un alfabeto armenio diferenciado.

Fa-Hien, viaxeiro chinés, chega a India; visita os lugares de aprendizaxe budistas principais (Udiana, Pesawar, e Taxila).

Hanzei sucede ao seu irmán Richu, e convértese no 18º emperador do Xapón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario