
unha vez tomado o poder, e coma parte do seu programa de restauración, Dioclecio afronta unha reorganización administrativa do
imperium romanorum. recompóñense os territorios e fúndanse novas provincias; unha delas é a
Callaecia, con terras desgaxadas da antiga
Tarraconensis.
as cidades máis importantes da nova provincia son
Bracara,
Asturica e
Lucus, capitais á súa vez dos tres
conventus xurídicos nos que se divide:
conventus bracarensis,
conventus lucensis e
conventus asturicensis.
na totalidade da provincia poderían vivir daquela arredor de medio millón de persoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario