reconstrución da Brixia romana http://www.francescocorni.com/ |
abril 12-15: Constantino II, cegado, debe
asistir a un concilio convocado por Estevo
III no pazo Laterano, no que se anulan todos os seus actos como bispo de
Roma. Nesta reunión, condénase a iconoclastia e fíxase a doutrina da igrexa a
respecto das imaxes, rexeitando os canons do concilio de Hiéreia. Tamén se establece o sistema de elección para tratar de
evitar eleccións alternativas.
Desiderio (segundo un documento consignado en Brixia, Brescia) acolle ao seu servizo persoal a grupos de nobres (gasindi regis): servir ao rei pasa a ser
unha aspiración polos beneficios obtidos: títulos, cargos, …
primeira capitularia xeral franca, que, entre
outros aspectos, estipula a presenza de bispos e capeláns no transcurso das
campañas militares.
Carlos inicia comeza unha campaña contra Aquitania e Gascuña,
chegando ata Burdigalia, onde
establece unha praza militar en Fronsac.
Carlomán rexeita participar. Hunaldo de Aquitania foxe onde Lupus II, señor de Gascuña, que o
entrega a cambio de paz, sendo recluído nun mosteiro.
Eudo II é instalado polos francos como duque de Aquitania.
en Hibernia Máel Ruain funda o mosteiro de Tallaght,
que se converte nun centro de saber e piedade, particularmente asociado ao
movementos de reforma espiritual Céli Dé.
Ningún comentario:
Publicar un comentario