Silvestre I e Constantino representados nun fresco do século XIII capela de Silvestre, Roma |
febrero,
13: al-Mansur fai asasinar ao persa Abu Muslin, provocando a hostilidade de
Khorasan e unha serie de rebelións
contra os abassí; a primeira
encabezada polo zoroastriano Sunbadh.
os
búlgaros entran novamente en Thracia.
maio,
1: Pipino cambia a data da asemblea
anual; o que reflicte a crecente importancia da cabalería no exército: debe esperarse
a que a herba estea o suficientemente medrada para cabalos e bois.
Yusuf envía unha expedición
contra os árabes iemeníes que asedian ao seu fillo Sumayl en Caesaraugusta,
derrotándoos. A continuación diríxense contra Pampilona, pero son rexeitados.
Aistulfo trata de impedir o
paso de Estevo II, que regresa de Gallia protexido por un exército franco,
sendo derrotado; os francos asedian Ticinum.
xuño:
Aistulfo acepta recuperar devolver os territorios imperiais conquistados (Pentapolis e exarcado), que pasan a ser controlados por Estevo II; 'aparece' a
'doazón de Constantino' que concede a Pentapolis
ao bispo de Roma, orixe do seu poder 'temporal'.
xullo,
11: concilio de Ver, unha capitularia
de Pipino determina o tamaño das moedas e reafirma o monopolio real sobre a súa
emisión, cun novo denario co monograma real.
agosto,
14: Abd al-Rahman, supervivente umayyad, desembarca cun contixente
militar en Almuñecar.
decembro,
16: An Lushan, gobernador da área de
Beijing, e protexido da favorita do emperador, Yang-Yuhuan, inicia a rebelión Anshi
contra Xuan Zong. O seu exército
baixa polo gran Canal e o emperador manda a Feng Changging, gobernador de Fanyang,
contra el, para que defenda Luoyang, capital
oriental.
Teodato Ipato, dogo de Venecia é deposto e cegado logo
de trece anos de mandato; é substituído polo seu vencedor, Galla Gaulo, bizantino.
as
alianzas e o comercio entre as diferentes cidades maias comeza a enfeblecer e a
escaseza de comida produce grandes descontentos.
Elfodd, arcebispo de Bangor, trata de lograr o apoio de
Cornualles e Gales ás teses de Roma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario