Kairouan goista.com |
febreiro, 15: morre Oswiu de Northumbria
durante unha peregrinación a Roma na compaña do bispo Wilfrid. Sucédeo o
seu fillo Ecgfrith, mentres que o seu fillo máis novo, Aelfwine,
accede ao trono de Deira.
a flota árabe domina o mar Exeo e conquista as illas
estratéxicas de Rhodas, Cos e Chios. A costa sur do mar de Mármara
é ocupada, co que Cyzicus se
constitúe nunha magnífica base para bloquear a capital por mar.
Mu’awiyya ordena a invasión
de Sicilia.
forzas musulmáns (10000 homes) baixo Uqba ibn Nafi
fundan Kairouan a 120 millas de Carthago para ter unha base desde onde
organizar un ataque organizado contra o que queda do exarcado de Africa. Prodúcense conversións masivas
ao islam por parte da poboación bereber.
batalla do río Dafei,
na que forzas chinesas (80000) baixo o xeneral Xue Rengui son
aniquiladas polos tibetanos, que toman o control da conca do Tarim.
forzas de Goguryeo,
dirixidas por Geom Mojam, colocan no trono a Anseung; Geom é
asasinado e Anseung ten que fuxir a Silla.
Tarumanagara (actual Indonesia) é dividida en dous reinos: Sunda e Galuh, co río Citarum
como liña divisoria.
en Xapón elabórase un censo de familias, o kogo-nenkaju.
Husain ibn ‘Ali, é o terceiro imán
chiita, logo da morte de seu irmán Hasan
ibn ‘Ali.
Ningún comentario:
Publicar un comentario