sólido de ouro coa efixie de Heraclio www.numismall.com |
Benxamín, mencionado coma bispo de Dumio.
Muhammad (40 anos) retírase a meditar a unha cova no monte Hira, cerca de a Meca,
onde seica soña que o arcanxo Gabriel o chama a
converterse no profeta de Allah para liberar o seu pobo da idolatría.
Allah, o todopoderoso, é o único deus que xulgará a todos
os mortais o último día. Para gañar o seu favor e alcanzar o paraíso, os homes deben
ser humildes e xustos, e dar parte da súa fortuna aos pobres e orfos. Denuncia os
comerciantes ricos de a Meca e obrígaos a someterse aos ditados de Allah.
abril, 18: Serxio
I, patriarca de Constantinopla, sucede a Thomas I.
abril/maio: os católicos conxuran contra Witerico e envelénano nun banquete en Toletum. Elixen rei a Gundemaro, duque
de Narbona, que reúne o chamado concilio de Gundemaro, onde se restablece
o catolicismo como relixión do estado. Gundemaro
fíxase como política combater a vascos e bizantinos.
Eusebio, asina “ego Eusebius Tarraconenses” no Decretum de ecclesia Toletana de
Gundemaro.
setembro: a comunidade xudía de Antioquía provoca graves
disturbios na cidade; morre o patriarca Anastasio.
Columba e os seus compañeiros irlandeses (entre eles Gallus) fundan mosteiros en territorio
franco; a súa regra é máis estrita que a beneditina e insiste no ascetismo. Brunequilda expúlsao de Burgundia e
pasa á Suiza actual, onde funda un mosteiro xunto ao lago Constanza.
outubro, 4-5: Heraclio
o Novo dirixe unha flota de guerra cara Constantinopla. Ao ter novas de tal feito o
pobo lánzase contra o palacio imperial e a garda non fai gran cousa para
impedir que Phocas sexa torturado
ata morrer.
outubro, 6: Heraclio é proclamado emperador polo
patriarca Serxio I. Modifícanse as normas sucesorias: xa non se elixe un césar
como era costume desde a ‘tetrarquía’ de Dioclecio.
O título imperial pasa a ser basileus.
o seu primeiro acto de goberno importante é facer o grego
lingua oficial do imperio en substitución do latín. O grego era a lingua nai da
inmensa maioría da poboación.
en teoría, Cosroes
II debería estar agora satisfeito pero decide continuar a guerra. Prosegue
con operacións militares en Syria e Anatolia.
Máximo Confesor traballa como xefe da chancelería imperial de Heraclio, protoasecretis. Posteriormente
renunciará e profesará coma monxe en Chrysopolis,
na outra ribeira do Bosphorus; quizás incómodo coa situación relixiosa na corte
imperial e polo desexo de levar unha vida dedicada á oración.
batalla de Wangas (próximo á
actual Berna): os alamanos baixo Berohartus
arrasan a rexión de Avenches e vencen os condes francos da alén do Jura,
ocupando o país. A villa romana de Aventicum resulta abandonada.
Teodeberto II fai asasinar a súa
dona Bilichildis.
os avaros penetran en Friuli e arrasan o ducado, que actúa como protección
lombarda contra os eslavos. Tasso sucede
a Xisulfo II como duque, ao morrer
este en combate contra os invasores.
c., Georgius Cuprios, xeógrafo bizantino, escribe descriptio
orbis romani en grego e enumera as cidades do imperio. Quizás non é un
documento oficial pero si deben ser datos tomados dalgún tipo de catálogo
oficial. Menciona Spania:
670. Eparquia Mauritania II:
671. Septem, en Hispania
672. Mesopotamenoi, en Hispania
673. Mallorca, isla
674. Minorca, isla
a eparquia está dirixida desde Cartaxena (carta de Liciniano a Vicente de Ibiza); curiosamente Ibiza non se cita (tampouco
Córcega, na parte correspondente), posiblemente por erro dos copistas.
os búlgaros do Volga logran independizarse dos eslavos.
Selyf ap
Cynan sucede a seu pai Cynan
Garwyn como rei de Powys.
a fabricación de papel chega a Xapón importada polo sacerdote
budista Dam Jing.
Bonifacio
IV celebra un concilio en Roma para tentar afianzar a disciplina
monástica. Mellitus, bispo de
Londres, está entre os asistentes.
Xoán V,
patriarca de Alexandría.
outubro, 23: o bispo de Toledo é recoñecido como metropolitano
polos bispos de Spania.
Ningún comentario:
Publicar un comentario