manuscrito Wandalgarius ano 793 www.pankraz-fried.de |
Ceolwulf de Wessex ataca Sussex.
febreiro,
19: Bonifacio III, logo de case un
ano de ‘sé vacante’, novo bispo de Roma.
marzo,
15: é visible o cometa Halley.
Brunequilda fai que
mutilen un pé de Uncelenus, duque
alamano, o que segundo a lex alamannorum
non lle permite ostentar ningún cargo ao non poder montar a cabalo sen axuda.
agosto,
1: Suiko, a iniciativa de Shōtoku, envía unha embaixada a China
encabezada por Ono no Imoko: o inicio
dunha longa tradición de intercambios políticos, culturais e relixiosas entre
os dous estados. Ono leva o encargo de pagar tributo a Yangdi e leva unha carta do rexente que comeza “O Fillo do Ceo onde
nace o sol, ao Fillo do Ceo onde se pon.” Isto irrita o emperador chinés que
non ve recoñecida a súa superioridade na carta.
Suiko
e Shōtoku contemplan terminado o templo ‘Hōryū-ji’ en Ikaruga, o máis antigo dos construídos con madeira conservado.
Tamén doan unha estatua de Buda, co que cumpren o desexo do emperador Yōmei, pai de Shōtoku.
os
godos, Austrasia, Neustria, e os lombardos forman unha
alianza contra Theuderico II de
Burgundia, cuxa avoa e irmán asasinaran a súa muller, Ermenberga, filla de Witerico,
rei godo. Prodúcense combates no entorno de Narbonna.
o
xeneral chinés Gao Jiong ofende o
emperador Yangdi con comentarios críticos sobre certas políticas imperiais; é
executado e os seus fillos exiliados a provincias de fronteira no norte.
Phocas concede o
título de ‘bispo universal’ a Bonifacio
III, nun intento de mellorar relacións con Roma.
outubro,
11: Tomas I, patriarca de
Constantinopla.
un
exército persa baixo Shahin
Vahmanzadegan invade a Armenia bizantina, captura Teodiosopolis. Outro baixo Schahrbaraz
somete Mesopotamia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario