antiga división territorial da península de Korea |
Brunequilda fai asasinar a Wintrio, duque de Champaña, o que provoca a rebelión dos nobres,
que a obrigan a refuxiarse en Burgundia.
marzo, 30: os avaros rompen o asedio de Tomis. Comentiolus dirixe un exército a través dos Balcáns e segue polo
Danubio ata Zikidiba.
os avaros derrotan as forzas de Comentiolus, ao sur do
monte Haemus, e capturan Drizipera (Thracia); gran parte das súas tropas morre debido á praga que
provoca a súa propia devastación nos Balcáns.
Mauricio paga tributo aos avaros e conclúe un tratado con Bayan I, permitindo expedicións
bizantinas a Wallachia. Reorganiza o
exército e fortalece os ‚muros longos‘, ao oeste de Constantinopla.
os britanos derrotan a Bernicia cerca de Catterick.
batalla de Catraeth:
os britanos de Hen Ogledd (‚o vello
norte‘) baixo Mynyddog Mwynfawr
derrotan os anglos de Bernicia e Deira no N de Britannia.
agosto, 4: Wendi
ordena que o seu fillo máis novo, Yang
Liang (axudado de Gao Joing, un
ministro importante) conquiste Goguryeo
durante a época de chuvias cun exército de 300000 homes.
a flota chinesa planta batalla á de Goguryeo (50000 homes) baixo o almirante Giang Ti-sik, sendo destruída no mar Bohai. Durante a invasión os
chineses son derrotados e Yang Liang debe retirarse. Os chineses perden case un
90% do exército e da flota.
Yeongyang envía unha embaixada a Daxing, Wendi acepta un tratado de paz con Goguryeo.
outubro: Mauricio fai a paz con Axilulfo coa mediación de Gregorio I, que planea converter os
lombardos. O imperio recoñece a perda do norte de Italia. O exarcado recupera
algún territorio e asegúranse as comunicación entre Ravenna e Roma. Axilulfo aumenta o reino lombardo ocupando Sutri e
Perugia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario