casco lombardo Fornovo San Giovanni Bergamo, museo civico archeologico www.pinterest.com |
inicios de ano: Xustino
II substitúe o goberno militar por un goberno civil en Italia. O patricio Flavius Longinus, enviado para suceder
a Narsés, chega a Ravenna.
abril, 1: os lombardos (uns 100000 en total, incluídos
20000 saxóns, bávaros, taifales e sármatas que se van unindo ao continxente)
dirixidos por Alboino cruzan os
Alpes Xulianos e invaden Italia.
maio, 20: os lombardos ocupan Aquileia e o Véneto. As escasas unidades bizantinas que están no
val do Po non lles poden facer fronte; abandonan grandes zonas do noreste e
establecen unha marca fronteiriza nas cuíñas ao sur de Ravenna (inda coñecida como ‘il
marche’).
Paulinus I, patriarca de Aquileia,
fuxe cos tesouros da súa igrexa e trasládaos á illa de Grado.
Xisulfo, sobriño de Alboino, é o primeiro duque lombardo de
Friul.
o avance lombardo vese favorecido pola indiferenza civil,
produto da dureza da ocupación bizantina.
as zonas que desaloxan os lombardos en Pannonia son ocupadas por avaros,
búlgaros e eslavos.
Sixeberto I, rei de Austrasia,
rexeita un novo ataque avaro.
Chilperico I estrangula a Galswintha
por instigación de Fredegunda, con
quen ten unha relación e con quen casa a continuación.
Aethelric sucede a seu irmán Adda
como rei de Bernicia (Escocia).
agosto: o strategos
bizantino Zemarchos parte ao
encontro do khan turco coa intención
de pactar unha alianza contra os persas.
Xustino II e Sofía
envían a ‘cruz de Xustino II’ (logo chamada ‘cruz vaticana’) a Roma como mostra
da súa vontade de mellorar relacións entre occidente e oriente.
batalla de Wibbandun:
Ceawlin de Wessex (anglo) derrota a Aethelberht de Kent (xuto) (crónica anglo-saxona); o primeiro
enfrontamento entre os ‘invasores’ de Britannia.
Liuva I asocia a seu irmán Leovixildo
ao trono. Leovixildo casara con Golsvinta,
viúva de Atanaxildo, e reclama o
trono. Ten unha gran personalidade e moitos partidarios. Liuva I non se
enfronta a el e decide repartirse o trono conservando a parte NO dos dominios
godos.
morre Narsés, no seu retiro de Neapolis.
Clodoveo, fillo de Chilperico I, é expulsado de Tours por Eunius Mummolus, por orden de Gontran.
ofensiva avara contra Sirmium.
Corippo escribe un panexírico en honra do emperador Xustino II.
Ningún comentario:
Publicar un comentario