solidus coa efixie de Xustino II de.wikipedia.org |
xaneiro, 22: Eutychius
é deposto como patriarca de Constantinopla ao rexeitar os criterios doutrinais
de Xustiniano I.
abril, 12: Iohannes
III Scholastikos é o novo patriarca de Constantinopla.
morre Belisarius.
Bayan, khan dos avaros.
maio, 2: Ahkal Mo’
Nahb II, soberano de Palenque, en sucesión de K’an Joy Chitam I (morto o 6 de febreiro).
novembro, 11: morre Xustiniano I, “o emperador que nunca
dorme”. Dedicou toda a vida ao goberno e abstívose de toda clase de praceres.
Non tivo fillos nin deixou designado sucesor. Ten sete sobriños pero so un está
na capital cando morre o emperador; faise coroar polos gardas de palacio e
corre ao Hipódromo a ser aclamado polo pobo, co nome de Xustino II, alcumado Curopalate;
está casado con Sofía, sobriña de Teodora.
Gao Wei sucede a seu pai Wu
Cheng Di como emperador Qi do norte.
os uigures son derrotados polos turcos, que se expanden
por Asia central.
Agathias comeza unha crónica; relatando a partir de onde rematou Procopio.
a peste rebrota en Italia, onde Narsés goberna con
man dura. Xustiniano non parara de recibir queixas sobre el pero sempre
declinou actuar. Xustino quere asegurarse a lealdade de Italia cambiando a
situación e destitúe o home de confianza de seu tío. Faino de xeito brutal,
enviándolle unha mensaxe na que o insta a deixar a guerra en mans de homes e a
que se una ás mulleres de palacio, limitándose a tecer, en alusión á súa
condición de eunuco. Finalmente Narsés retírase cunha pensión a unhas
propiedades en Neapolis, sen volver a
Constantinopla.
Vaefar, líder alamano.
Carentinus, bispo de Colonia.
Columba de
Iona visita as Orkneys.
Venancio Fortunato emprende unha peregrinación desde Italia
cara a tumba de Martiño de Tours e fai
altos no palacio de Sixeberto I e
onde Sidonius, bispo de Mogontiacum; será futuro acompañante de Radegunda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario