Teudiselo |
primavera: batalla dos campos de Calo: Xoán Troglita
consegue controlar a situación en Byzacena.
xuño, 28: morre Teodora (48),
quizás vítima dun cancro de peito (Vítor
de Tununna).
Vixilius ratifica a condena de Xustiniano.
Pero pouco despois un concilio en Carthago
excomúngao. Asustado, Vixilius retráctase pero non evita que os bispos de Aquileia e Mediolanum se aparten da disciplina papal. A
morte de Teodora detén momentaneamente o conflito.
Belisarius, falto de recursos, solicita volver a Constantinopla,
onde se fai cargo da Garda Imperial.
tremor de terra en Constantinopla.
Teudis morre asasinado por man de Teudiselo, que se fai co trono godo en Hispania.
Guzabes II rebélase contra os persas e solicita axuda a Xustiniano,
que envía 8000 homes a Lazica.
Guzabes asedia Petra pero os persas
baixo Mermeroes derrotan un pequeno
continxente bizantino e liberan Petra.
Mermeroes deixa 3000 homes na cidade e marcha cara Armenia.
abril, 13: o emperador Ly Nam De (Vietnam) é morto por tribos laosianas mentres se retira
polas terras chas onde o río Hong. Sucédeo seu irmán maior, Ly Thien Bao.
Cosmas
Indicopleustes, comerciante
alexandrino, escribe ‘topografía
cristián’: describe a importancia do comercio das especias (cravo e áloes)
en Ceilán e a colleita da pementa en India.
os eslavos entran en Illyricum
ata Dyrrachium.
fúndase o mosteiro de Catalina
en Sinaí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario