representación de Teudis |
Xoán Asiacus condena a morrer a centos de pagáns
en Constantinopla.
marzo: o duque de Numidia
Guntharitho, vándalo, fai asasinar a
Areobindus, sobriño de Xustiniano. Tenta tomar Carthago co apoio dos mauros de Antalas.
maio: os godos
conquistan Piacenza.
concilio
provincial en Ilerda.
Xustiniano
concede Pannonia aos lombardos en
virtude dunha alianza contra os xépidos.
Walthario, rei lombardo, é
destronado e sucédelle Audoino.
outubro, 14: Maximianus é consagrado bispo de Ravenna por Vixilius.
novembro, 21: en Toletum Teudis publica unha lei sobre costas e gastos dos litigantes.
Vixilius chega a
Constantinopla para reunirse con Xustiniano I. Pelaxio é enviado por Totila
para negociar co emperador.
os godos subornan
o continxente imperial en Roma e Belisarius
tenta liberar a cidade, pero a flota goda intercepta a imperial nas
proximidades da boca do Tiber.
decembro, 17:
Totila conquista Roma. Belisarius retírase da cidade que é saqueada durante
corenta días polos godos.
Totila evita
masacrar a poboación civil, que é reasentada en Campania. As murallas son
derrubadas. Durante o asedio foron destruídos os acuedutos e a cidade queda sen
auga corrente e sumidoiros públicos. As termae
deixan de funcionar. As terras altas quedan sen auga e as baixas mudan en
marismas arrasadas pola malaria.
Totila diríxese
cara Apulia coas súas forzas.
establécese a diocese
de Bangor en Gwynedd, Deiniol,
primeiro bispo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario