Paio |
092. Despois da batalla do
Guadalete. Os cristiáns
que non quixeron someterse ao dominio dos árabes e non poucos que tiñan
escapado con vida da derrota do Guadalete, refuxiáronse nas montañas de León, Galicia,
Asturias e Provincias Vascongadas.
093. A Reconquista. Coñécese co nome de Reconquista, o espazo de tempo comprendido entre a invasión dos
árabes, no ano 711, e a súa total expulsión, en 1492: a Reconquista durou, pois, case oito
séculos.
094. Períodos en que pode
dividirse a Reconquista.
A Reconquista pode dividirse en cinco períodos: 1º, Monarquía de Asturias; 2º, Monarquía
de León; 3º, Monarquía de Castela e
León; 4º, Separación de Castela e
León; 5º, Unión definitiva de Castela
e León.
095. Sucesos principais do
primeiro período. O
primeiro período da Reconquista comprende tres sucesos memorables: a fundación do reino de Asturias, a fundación do reino de Navarra e a fundación do condado de Barcelona.
Afonso I |
096. Fundación do reino de
Asturias. Sete anos
despois do desastre do Guadalete, Don Paio derrotou ao moros na famosa batalla
de Covadonga, despois da que foi proclamado rei.
Borrados, antes o común perigo, os odios de raza
entre godos e españois, fúndense nun só pobo cristián e xuran vencer ou morrer
pola relixión e a Patria; recoñecen por caudillo a Don Paio: este os organiza
para a loita, e, cando os moros se deciden a exterminar a aquel puñado de
heroes, atopan un forte derrota nos arredores da gruta de Covadonga.
097. Reis máis notábeis de Asturias. Despois de Don Paio, os reis de Asturias
máis notábeis son: Afonso I, Afonso II, Ordoño I e Afonso III.
Wifredo o Velloso |
Afonso I, xenro de Don Paio, loitou sen cesar,
chegando a dominar unha cuarta parte de España; Afonso II tomou Lisboa;
estendeu o seu reino ata o Teixo, e o seu reino foi duradeiro e glorioso;
Ordoño I gañou aos moros a sanguenta batalla de Clavixo, que é un dos feitos de
armas máis notábeis da Reconquista. Afonso III, fillo e sucesor de Ordoño I,
levou as súas armas ata o Guadiana e incorporou moitas terras á súa coroa.
098. Fundación do reino de
Navarra. Ao mesmo tempo
que Don Paio, as Provincias Vascongadas e Navarra, ou sexa, a Vasconia, que nunca tiña sido sometida,
da o grito de independencia; os indomables vascos elixen por xefe a Garci-Ximénez,
pelexan con ardor asturiano e botan as bases do reino de Navarra.
099. Fundación do Condado de
Barcelona. Auxiliados
polos franceses, os cataláns empezan a batallar contra os sarracenos, case ao
mesmo tempo que Asturias e Navarra. Cataluña consegue pronto facerse
independente de Francia, e o seu primeiro conde-rei Wifredo o Velloso, arremete contra os moros e crea un estado
florecente e respectado dos demais pobos.
a "súa" historia de España
Ningún comentario:
Publicar un comentario