embarcación fenicia |
010. Os fenicios. Unhos 1200 anos a.C., os fenicios chegaron a España. Viñeron por
mar, e procedían da Fenicia, ou Canaán, pequena rexión de Asia Menor.
Os fenicios eran un pobo ilustrado, industrioso e
comercial, que estendeu o seu activo comercio polas costas do Mediterráneo,
vendendo aos naturais do país as prezadas manufacturas de Tiro e de Sidón,
cidades principais da Fenicia. Deles aprenderon os españois moitas industrias,
a navegacións, a escritura, a aritmética, a construción de embarcacións, o labor
das minas, o uso da moeda, as utilidades da lá, o coñecemento da estrela Polar,
o cultivo da vide, …; deron a coñecer o papiro para escribir, e fundaron varias
cidades, como Cádiz, Alxeciras, Málaga, Motril, Córdoba, Sevilla, …
embarcación grega |
011. Que máis debemos aos
fenicios. Tamén debemos
aos fenicios o coñecemento de moitas prácticas agrícolas, a industria do sal, a
cerámica, a fabricación de vidro e de aceite e o nome que leva a nosa patria,
pois cambiaron o de Iberia, que
recibiu dos iberos, polo de España, que é o que ten prevalecido.
012. Carácter dos fenicios. O pobo fenicio era cobizoso e avaro, ata
o extremo de que todo lle parecía lícito con tal de realizar bos beneficios.
Os celtíberos coñecían o valor da prata e do estaño,
e cedían a aqueles mercadores grandes cantidades destes metais a cambio de
manufacturas vistosas e outros obxectos de escaso valor.
escultura grega |
013. Os gregos. Unhos 700 anos a.C., cando inda estaban os
fenicios en España, chegaron a ela os gregos,
por mar, procedentes das colonias gregas de Rodas, Samos e Focea, e
establecéronse no leste da Península.
014. Obxecto dos gregos. Os gregos eran rivais dos fenicios na
navegación e comercio do Mediterráneo; ao vir a España, só lle guiou un fin
comercial.
Os gregos fundaron varias poboacións, sendo as
principais Rosas, Ampurias, Denia, Sagunto e outras, tanto na Península como
nas Baleares. As colonias gregas contribuíron en gran maneira ao progreso da
cultura española. Vivían independentes, e gobernábanse pola forma republicana,
establecendo todas as colonias unha verdadeira federación.
015. Gregos e celtíberos. Cedo se verificou a fusión dos gregos e
celtíberos: os sanguentos deuses fenicios foron substituídos polas crenzas
relixiosas dos gregos e o idioma grego non tardou en ser a lingua dos
celtíberos, e iniciáronse nas letras, as ciencias e as artes, que tanto
cultivaba o pobo grego.
a "súa" historia de España (cuasi completa)
Ningún comentario:
Publicar un comentario