viernes, 4 de julio de 2014

535

www.npr.org
erupción do Krakatoa en 1883
segundo un artista contemporáneo
Belisarius, cónsul único.

febreiro: Teodosio I é elixido patriarca de Alexandría, onde un motín é seguido por un cisma entre severianos e xulianistas. O papa responde de inmediato, acude a Constantinopla (febreiro, 2, 536), onde se determina a expulsión dos dous patriarcas heterodoxos e dos monofisitas da cidade.

abril, 30: Theohadad ordena que Amalasunta sexa conducida a unha illa no lago Bolsena, onde logo a asasinada mentres se baña. Xustiniano usa este pretexto para planear o ataque aos godos en Italia.

Solomon derrota as tribos bereberes en rebeldía nos montes Mammes e Bourgaon. Asegura a Byzacena e establece fortificacións ao longo da fronteira numida.

abril: Xustiniano devolve as propiedades da igrexa católica.

maio, 13: morre Xoán II, bispo de Roma, sucedido por Agapito I (xuño, 3) que, ameazado por Theohadad, foxe a Constantinopla.

Teodora inflúe cada vez máis en Xustiniano en favor do monofisismo. Tiña un bo argumento xa que tanto Exipto como Asia eran maioritariamente monofisitas, polo que calquera xesto do emperador a favor do monofisismo sería sen dúbida ben recibido e potenciaría a lealdade destas rexións.

xuño: os exércitos imperiais, baixo Belisarius (8000 soldados, a metade cabalería) e Mundus ocupan Sicilia e Illyrium (Salona) respectivamente. Xustiniano logra tamén agora o apoio popular contra os godos e busca apoio franco.

fúndase a cidade de Justiniana Prima nos Balcáns, será sede administrativa e episcopal.

xuño, 5: morre o patriarca de Constantinopla Ephinanius. Anthimus I, monofisita e co apoio de Teodora, convértese en patriarca de Constantinopla.

lex iulia: ningunha muller pode acusar de adulterio ao seu home. Isto fai practicamente imposible o divorcio no imperio.

novembro, 8: inicio en Arvernis (Clermont–Ferrand) dun concilio coa participación de quince bispos (Cesáreo de Arelate, Nizier de Trier, …): escríbense 16 decretos (o segundo establece que os bispos deben ser elixidos polos seus méritos e calidades, non por intrigas; os xudeus non poden ser xuíces; e publícase a terceira versión da regra dos Pais).

o primeiro monarca secesionista do reino Wei occidental é Wen Di, que coroa príncipe ao seu fillo Fei Di.

o autor chinés Jia Sixia escribe Chimin Yaoshu, que inda que cita 160 libros de agronomía anteriores, é o tratado de agricultura chinés máis antigo conservado. Contén máis de 100000 carácteres, e trata da preparación das terras, da sementeira, do cultivo, da xestión das hortas, do coidado dos montes, do apareo de animais, comercio, e usos culinarios para as colleitas.

mención da erupción do Krakatoa (Java) que causa varios anos de cambio climático. A nube das cinzas torna o tempo frío e hai escuridade en múltiples partes do mundo. Testemuñas serían Procopio de Cesarea e a dendrocronoloxía.

en África do leste, esta combinación rompe o equilibrio natural entre presas e predadores no mundo salvaxe. O número natural de roedores multiplícase fóra de toda proporción creando as condicións que causan, máis tarde, a peste bubónica.

decembro, 31: Belisarius derrota o continxente godo de Panormos (Palermo), co que a conquista de Sicilia é completa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario