martes, 21 de enero de 2014

528

templo budista de Bulguksa
fr.wikipedia.org
Xustiniano, cónsul único.

xaneiro, 6: Gretes, rei huno establecido no Danubio é bautizado en Constantinopla e asina unha alianza co imperio; parte do seu pobo segue o seu exemplo. Xustiniano tamén logra a conversión de Tzanes e de Gordas, xefes hunos no Taurus. De volta ás súas terras o último é asasinado pola súa xente que non acepta ‘cambiar’ de fe.

tropas romanas conquistan Crimea cunha expedición combinada, naval e terrestre.

febreiro: Xustiniano dita a constitución ‘haec quae necessario’ na que nomea unha comisión de dez homes para reorganizar o sistema legal; Triboniano diríxea e o resultado será o corpus iuris civilis.

Xustiniano prohibe os Xogos Olímpicos ‘alternativos’ de Antioquía e ordena a execución (queimados, crucificados, desmembrados por bestas salvaxes ou mutilados con aceiro) de todos os que practiquen ‘bruxería, adivinación, maxia, ou idolatría’ e prohibe as ensinanzas aos pagáns (‘todos os que sofren a blasfema loucura dos helenos’).

Xustino, magister militum, morre en combate contra os búlgaros no limes en Moesia. Asume o mando Constantiolus.

primavera: tropas romanas atacan os lahkmidas, apoiados polos seus aliados ghassanidas.

marzo, 31: Xiaoming (dinastía Wei) morre envelenado por orde de súa nai, a emperatriz rexente Hu. Ao día seguinte a filla de Xiaoming, de seis semanas de idade, é proclamada emperatriz reinante. E ao día seguinte prodúcese un novo cambio, sendo proclamado emperador Yuan Zhao (dous ou tres anos de idade).

maio, 17: a emperatriz Hu, rexente do norte Wei, que exercera a autoridade despoticamente, é afogada no río Amarelo co emperador nominal Yuan Zhao e o príncipe Yuan Yong, por orde do xeneral Erzhu Rong, que sitúa no trono a Xiaozhuang.

os hephtalitas móvense desde o Hindu Kush ata a rexión de Punjab e ao leste atravesando o delta do Ganxes, arrasando cidades e mosteiros budistas.

Yasodharman, ‘maharaja’ de Malwa, derrota os hunos baixo Mihirakula na India central.

novembro, 29: tremor de terra en Antioquía, e tamén en Seleucia Pieria: seica 4870 mortos. En Antioquía resulta destruída a igrexa (domus aurea) construída en tempos de Constantino I.

o budismo é oficialmente a relixión do reino de Silla. O rei Seong de Baekjie adópato.

construción de Bulguksa, templo budista, en Korea do Sur.

morren Anicia Iuliana e Procopio de Gaza, retórico e sofista cristián.

No hay comentarios:

Publicar un comentario