mércores, 24 de xullo de 2013

xvii. reis de aragón

Afonso I o Batallador
129. O primeiro rei de Aragón. Ramiro I, fillo de Sancho III o Grande, rei de Navarra, foi o primeiro soberano do reino de Aragón.

Loitou contra os sarracenos, e morreu con gloria ao intentar apoderarse de Graus, en 1063.

Aragón, no seu inicio, formou con Navarra un só Estado: comezou a existir como nación independente ao morrer Sancho III o Grande, de Navarra, que deixou o territorio aragonés ao seu fillo Ramiro.

130. Sancho Ramírez. Sancho Ramírez, fillo e sucesor de Ramiro I, sucumbiu con gloria no sitio de Huesca e deixou ao seu reino engrandecido coa anexión voluntaria de Navarra.

131. Afonso I, o Batallador. Afonso I, o Batallador, é un dos monarcas máis grandes da Reconquista, pois derrotou aos infieis en 29 batallas; tomoulles moitas prazas, entre elas Zaragoza, e morreu no sitio de Fraga, en 1134.

a campá de Huesca
132. Ramiro II, o Monxe. Ramiro II, o Monxe, era irmán de o Batallador, e ao seu reinado atribúeselle a célebre tradición de A Campá de Huesca.

Ao morrer o Batallador, Ramiro era monxe dun convento de Narbona; dise que os nobres lle ridiculizaban, chamándolle o Rei Cogulla; que Ramiro ficho decapitar ao máis revoltosos, e que colocou a súas cabezas nunha bóveda a xeito de campá, para que o escarmento soara moito.

Dona Petronila, filla e herdeira de Ramiro II casou con Berenguer IV, conde de Barcelona, deixando así preparada a unión de Aragón e Cataluña.

Xaime I o Conquistador
133. Afonso II. Do matrimonio de Berenguer IV con dona Petronila, naceu Afonso II, que reuniu na súa fronte as coroas de Aragón e Cataluña.

Ademais, a monarquía catalano – aragonesa posuía territorios transpirenaicos, entre eles a Provenza e o Rosellón.

134. Xaime I, o Conquistador. Xaime I, o Conquistador, é un dos soberanos máis grandes da nosa Historia: conquistou as illas Baleares, invandiu o reino de Valencia, tomando varias prazas e a capital; auxiliou desinteresadamente a Fernando III, rei de Castela, e fixo feudatario de Aragón ao rei moro de Túnez. Faleceu en 1276.

Xaime o Conquistador foi, ademais de guerreiro, gran lexislador, bo literato e excelente poeta; escribiu a Crónica do seu reinado e rexeitou esixencias que na orde política lle fixo o Papa. Cometeu, sen embargo, a grave falta de desmembrar o gran Estado por el fundado, pois deixou Aragón e Cataluña ao seu primoxénito, Pedro III o Grande, e as Baleares e os territorios ultrapirenaicos ao seu fillo Xaime II.

Roger de Flor
135. Pedro III o Grande. Pedro III o Grande, obrigou ao seu irmán Xaime III, rei de Mallorca, a ser feudatario de Aragón; foi proclamado rei de Sicilia; estivo en guerra con Francia, e o Papa excomungouno; pero Don Pedro triunfou, e en todas partes foi respectado e temido o nome de Aragón.

136. Pedro IV. Pedro IV, o Ceremonioso, conquistou as Baleares e apoderouse do Rosellón e a Cerdeña; ocupou o trono de Sicilia, e despois cedeuno ao seu fillo don Martín.

137. Xoán II. Xoán II fixo obxecto de grandes persecucións ao seu fillo o Príncipe de Viana, ídolo dos cataláns, por cuxa causa, inda que por pouco tempo, Cataluña chegou a separarse de Aragón.

138. Expedición a Oriente. Terminada a guerra de Sicilia, cataláns e aragoneses, mandados por Roger de Flor e Berenguer de Entenza, realizaron en 1303 unha expedición de Oriente, a fin de auxiliar ao emperador de Constantinopla, que se atopaba ameazado polos turcos. As fazañas destes caudillos son inmortais na Historia.

a "súa" historia de España

Ningún comentario:

Publicar un comentario