martes, 23 de xullo de 2013

xv. separación de castela e león. reis de castela. reis de león. unión definitiva de castela e león

Afonso VIII
114. Canto durou a separación de Castela e León. A separación de Castela e León durou desde o ano 1157 a 120, tendo sido este período o máis glorioso do tempo da Reconquista.

115. Como se verificou a separación. Ao morrer Afonso VII, cometeu o erro político de repartir os seus estados entre os seus dous fillos, dando a Sancho o reino de Castela, e a Fernando, o de León.

116. Reis máis notábeis de Castela. Os monarcas máis notábeis de Castela foron Afonso VIII e Dona Berenguela.

117.  Afonso VIII. Afonso VIII tiña só 15 anos cando subiu ao trono; pelexou contra a morisma, recuperou as prazas que durante a súa minoría le tiña arrebatado o rei de Navarra, e aniquilou aos moros na célebre batalla de las Navas de Tolosa.

Dona Berenguela
A batalla das Navas de Tolosa foi un golpe mortal para os sarracenos. A Igrexa conmemora o día 16 de xullo, co nome de Triunfo da Santa Cruz.

118. Dona Berenguela. Ao morrer Afonso VIII, sucedeulle seu fillo Henrique I; pero tendo falecido aos 14 anos de idade, as Cortes nomearon raíña de Castela á súa irmá Dona Berenquela, esposa de Afonso IX de León.

119. Reis de León. Durante os 73 anos que durou a separación de León e Castela, en León reinaron dous monarcas; Fernando II e Afonso IX.

120. Fernando II. Fernando II, que tiña herdado a coroa de León ao morrer seu pai Afonso VIII, sostivo unha guerra co rei de Portugal, que se propuxo estender as súas fronteiras; fundo Cidade Rodrigo, e batallou de xeito valiente contra os moros.

121. Afonso IX. Afonso IX, fillo e sucesor de Fernando II, casou con Dona Berenguela, irmá de Henrique I de Castela; foi un monarca valiente e ilustrado, que guerreou decididamente contra os moros.

Fernando III
O Papa disolveu o matrimonio de Afonso IX con Dona Berenguela, a causa do parentesco que existía entre os esposos; pero lexitimou a súa prole.

122. Unión definitiva de Castela e León. Do matrimonio de Afonso IX de León con Dona Berenguela de Castela tiña nacido Fernando III, que uniu definitivamente os reinos de Castela e León.

123. Fernando III. Fernando III, o Santo, ou San Fernando, pasou a súa vida guerreando contra os moros, aos que tomou as cidade de Córdoba, Sevilla, Xerez e Cádiz, e foi dono de case toda Andalucía.

Durante o reinado de San Fernando, a monarquía castelá chegou a un alto grao de esplendor; iniciáronse reformas que anos despois tiveron gran desenvolvemento e proporcionaron benestar e riqueza pública. Foi moi piadoso; a Igrexa declarouno Santo.

a "súa" historia de España

Ningún comentario:

Publicar un comentario