luns, 22 de xullo de 2013

xiv. monarquía de castela e león

Fernando I
106. Orixe do reino de Castela. Ao morrer un dos soberanos do Condado de Castela, herdou o condado súa irmá Elvira, casada con Sancho III de Navarra, quen, ao falecer, transmitiullo xa co título de reino ao seu fillo Fernando I. Tal é a orixe do Reino de Castela.

107. Unión de Castela e León. O primeiro rei de Castela, Fernando I, foino tamén de León polo seu matrimonio con dona Sancha, herdeira da coroa deste reino (1037).

A monarquía de Castela e León abranguía Castela, León, Galicia e Asturias.

108. Reis máis notábeis. Entre os monarcas máis notábeis de Castela e León, deben citarse: Fernando I o Grande, Sancho II o Forte, Afonso VI e Afonso VII.

Sancho II
109. Fernando I. Fernando I o Grande organizou o seu reino, reconquistou boa parte de Portugal e fixo tributarios seus aos reis moros de Badaxoz, Zaragoza e Sevilla.

Despois dirixiu as súas armas contra Valencia; pero caeu enfermo e retirouse a León, onde morreu. Ao morrer tivo a debilidade de dividir o reino, repartíndoo entre os seus cinco fillos: dou Castela a Don Sancho; León a Don Afonso; Galiza a Don García; a cidade de Zamora á súa filla Dona Urraca, e a cidade de Toro á súa filla Dona Elvira.

110. Sancho II. Sancho II, rei de Castela, declarou a guerra ao seu irmán Afonso, rei de León, a quen destronou; logo desposuíu ao seu irmán García do reino de Galiza e a súa irmá Elvira, da cidade de Toro.

O Cid Campeador
En pouco máis de tres anos, Sancho II reinou sobre todos os dominios de seu pai. Logo puxo sitio a Zamora para arrebatarlla a súa irmá Dona Urraca; pero foi vilmente asasinado por un traidor chamado Bellido Dolfos, quen saíu da cidade e finxiu pasarse ao inimigo.

111. Afonso VI. Afonso VI foi o sucesor de seu irmán Snacho II: Guerreou contra os moros, reconquistou Toledo, e morreu de pena, porque na batalla de Uclés morreu o seu único e fermoso fillo o infante Don Sancho con sete condes que o acompañaban.

112. Afonso VII. Afonso VII suxeitou a moito nobres descontentos e revoltosos, e guerreou con gran fortuna contra os moros.

113. O Cid. Durante o reinado de Afonso VI, distinguiuse notablemente un guerreiro castelán chamado Rodrigo Díaz de  Vivar, coñecido polo Cid Campeador, que é considerado como o heroe máis grande da Reconquista.

a "súa" historia de España

Ningún comentario:

Publicar un comentario